Territorio
Os límites do xeoparque fixéronse en función do territorio que xa colabora no xeoturismo dende hai varias décadas e que está adscrito administrativamente á comarca de Quiroga e integrado por tres concellos: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
A poboación residente é escasa e dispersa (5.406 habitantes; INE 2016) para un territorio de 577,85 km² de superficie.
Concellos
-
Outeiro
-
Pacios da Seara
-
Paradaseca
-
Quintá de Lor
-
Quiroga
-
Seara, A.
-
Sequeiros
-
Vilanuíde
-
Vilar de Lor
-
Vilarmel
-
Vilaster
-
Augas Mestas
-
Bendilló
-
Bendollo
-
Bustelo de Fisteus
-
Cereixido
-
Enciñeira, A.
-
Ermida, A.
-
Fisteus
-
Hospital, OR
-
Montefurado
-
Nocedo
Quiroga
Ocupa a parte central do xeoparque cos seus 317,46 km cadrados. Contén o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, un dos poucos que se poden ver a simple vista e declarado Monumento Natural no ano 2012.
O concello está dividido en 22 parroquias :
Ribas de Sil
Representa o límite sur do xeoparque. O meandro da Cubela e os seus arredores ou o impresionante túnel de Montefurado fálannos da xeoloxía, da ocupación romana e da presenza do ouro.
Os seus 67,78 km cadrados agrupan sete parroquias:
-
Nogueira
-
Peites
-
Piñeira
-
Rairos
-
Ribas de Sil
-
Soutordei
-
Torbeo
Onde estamos?
O Xeoparque Mundial UNESCO das Montañas do Courel está situado na provincia de Lugo (Galicia), entre as coordenadas xeográficas 42.715º N, 42.32º N e 7.023º O, 7.42º O.
A túa viaxe
Hai dúas principais vías de entrada a Galicia. Dende o norte chegaremos dende Pedrafita do Cebreiro, atravesando o concello de Folgoso do Courel, e polo sur, dirixíndonos a Quiroga ou Ribas de Sil, dende onde podemos dirixirnos facilmente aos outros dous concellos._cc781905-5cde-3194- bb3b -136bad5cf58d_
Santiago de Compostela: collemos a AP-53 pasando por Lalín e Monforte de Lemos.
Ourense: seguimos a N-120 que leva a Ponferrada pasando por Monforte de Lemos.
Vigo: iremos pola A-55 ata Porriño, onde enlazamos coa A-52 que nos leva a Ourense.
Pontevedra: pasamos pola AP-9 ata Vigo e dende alí seguimos os pasos indicados para esta cidade.
Lugo: accedemos pola N-VI e seguimos ata Nadela. Alí incorporámonos á CG-2.2 dirección Bóveda onde tomamos a saída que nos leva á LU-652 e que, pouco despois do desvío á Poba do Brollón, enlaza coa N-120 que non abandonaremos ata chegar ao noso destino. .
A Coruña: dende a A-6 chegamos a Nadela, onde seguimos as indicacións dadas para Lugo.
Verín: saímos pola N-525 ata A Rúa onde tomamos a N-120 dirección Quiroga.
Se ven de fóra de Galicia, os referentes son Lugo, Pedrafita do Cebreiro e Ponferrada.